9 feb 2011

SESIÓN DO MES DE FEBREIRO

Mes novo, sesión nova.

Vémonos este mércores 9 de febreiro ás 6.30 no CEIP A Ramallosa.

Vide con ganas de navegar!

CONCERTO INFANTIL

Frautas, mandolina, mandola, guitarra, acordeón, percusións e voz, son os ingredientes deste grupo singular, 60 minutos de xogos musicais que manteñen activos ós rapaces dende o primeiro momento. Cantos e contos que espertan o interese melódico e rítmico dos nenos, facéndoos partícipes e protagonistas indispensables do espectáculo.

Unha mostra: http://www.youtube.com/watch?v=PUy70Yegaj0

+Info: concertoinfantil@gmail.com Tfn: 630668319 (Nando)

CONCERTOS DIDÁCTICOS DE ÓRGANO

Clases-concerto duns 50 minutos en marzo, abril e maio no Concello de Celanova utilizando o órgano do Mosteiro desta vila. Dirixido a alumnos de 3º ciclo de primaria, secundaria e bacharelato.

O atractivo final da iniciativa radica en que previamente o profesorado poderá
preparar cos alumnos do seu centro tres das seis pezas musicais que se
recollen na unidade didáctica, para rematar o concerto cunha interpretación
conxunta das devanditas partituras acompañando ó órgano.

OS SEGREDOS DOS INSTRUMENTOS MUSICAIS EN GALICIA

Charla coloquio duns 50 minutos de duración sobre os diferentes instrumentos da música tradicional galega, sobre todo gaita e zanfona. Adáptase ás diferentes idades dos alumnos a partir de primaria.

+ Info: José Mª Alvarez Marías. 689.53.22.45. marabillas@gmail.com

CURSOS ON-LINE FEBREIRO 2011

Homologación: Ministerio de Educación

  • Composición y arreglos musicales para el aula. 14 febrero a 27 marzo. 60 h. / 6 Créditos
  • Improvisación: teoría, técnica y practica. 14 febrero a 27 marzo. 50 h. / 5 Créditos.CURSO CON 10 BECAS PARA DESEMPLEADOS
  • La instrumentación a través de la historia y las culturas. 14 febrero a 27 marzo. 60 h. / 6 Créditos
  • Curso profesional de Finale. Nivel 1: bases del programa. 14 febrero a 27 marzo. 60 h. / 6 Créditos
  • Poemas y canciones populares: de la Guerra Civil a la hinchada de fútbol. 14 febrero a 27 marzo. 50 h. / 5 Créditos. CURSO CON 10 BECAS PARA DESEMPLEADOS
  • Inteligencia emocional y enseñanza de la música. 14 febrero a 15 mayo. 60 h. / 6 Créditos
  • Aprender a superar la ansiedad escénica. 14 febrero a 15 mayo. 60 h. / 6 Créditos
  • Armonía funcional aplicada al jazz y la música popular. 14 febrero a 22 mayo. 70 h. / 7 Créditos
  • Música pop: análisis y estilos. 14 febrero a 22 mayo. 60 h. / 6 Créditos

Información e inscripciones: http://www.conservatoriovirtual.com

CURSO RÍTMICA DALCROZE

Conservatorio de música superior de Vigo. Última fin de semana de febreiro. Imparte Anna Alegre.
+ Info: http://conservatoriosuperiorvigo.com/cursos

MASTER CLASS CON DEAN BOWMAN

En Santiago do 10 ó 13 de marzo.
Organiza "O coro da rá".